A construción do Novo Mercado Municipal de Riveira chega a un dos momentos máis significativos coa colocación das láminas de vidro branco que recubrirán o inmoble e se erixirán, xunto a súa fachada principal inclinada, nun dos elementos máis característicos deste singular edificio.
Así, o que os riveirenses e visitantes xa poden ver nunha pequena área situado nun dos lados do mercado é unha pequena mostra que foi instalada para verificar a solución arquitectónica proposta e a idoneidade da perfilería de suxeción. En breve comezarase a traballar de forma intensa no revestimento do resto do edificio.
Cubiño de xeo
O estudo arquitectónico responsable do proxecto de finalización e reorientación da obra (2C Arquitectos) decantouse polo vidro branco laminado ao ser un material con pouca absorción, que envellece moi ben e permitirá aportar luminosidade á contorna na que se levanta o mercado, especialmente en días soleados. Ademais, dun xeito subliminal preténdese identificar a fisonomía do mercado cun cubiño de xeo, con todas asociacións implícitas que isto supón.
Por último, cómpre sinalar que o vidro branco será utilizado en todo o edificio agás na súa parte inferior. Neste senso, a planta baixa vai estar recuberta cun material novidoso de última tecnoloxía denominado “swisspearl”: unha especie de paneis de cemento armado con fibras de alcol de polivinilo que posúen unha alta resistencia e durabilidade. Este