Saturday 16 de November de 2024

Conclúen os obradoiros artesanais organizados pola Mancomunidade de Ordes


A Mancomunidade de Ordes pechou esta fin de semana o seu programa de obradoiros artesanais con dúas sesións de cosmética e cestería, as cales tiveron lugar en Oroso e Frades respectivamente. Ao longo das últimas semanas arredor de 200 veciños e veciñas dos sete concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes tiveron ocasión de aprender técnicas e disciplinas relacionadas co fiado de lá, cestería, cosmética natural e plantas medicinais. Agora tan só cabe esperar pola mostra que terá lugar no Museo do Traxe dende o 16 ata o 23 de decembro, na que se poderán contemplar as creacións e o traballo realizado por todas e todos os participantes desta iniciativa. Na posta en marcha desta iniciativa contouse coa colaboración da Deputación da Coruña