Friday 22 de November de 2024

As VIII Xornadas Musicais Santa Cecía arrincan mañá martes en Brión cun coloquio sobre a voz como medio de expresión musical


As xornadas, que inclúen unha charla sobre os coros de música moderna (mércores 23), culminarán nun concerto da banda de música (sábado 26)

A Escola Municipal de Música Magariños e o Concello de Brión organizan a oitava edición das Xornadas Musicais Santa Cecía, que este ano inclúen dous coloquios musicais abertos a toda a veciñanza. O programa completarase cun concerto da banda de música municipal de Brión o próximo sábado 26 de novembro.

O primeiro coloquio versará sobre “A voz humana como medio de expresión musical” e terá como relator ao profesor Ramón María Vázquez García, licenciado en canto na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo de Oporto. A charla-coloquio terá lugar mañá martes 22 de novembro, ás 19:00 horas, na aula 5 da Escola de Música.

A segunda xornada terá lugar o mércores 23 de novembro, tamén ás 19:00 horas na aula 5 da Escola de Música, e fará fincapé en aspectos técnicos e históricos sobre “Os coros de música moderna”. O relator desta segunda charla coloquio será o mestre Francisco Javier Álvarez Mata. En ambos casos, a entrada é libre e de balde. Ambas conferencias están organizadas pola ESMU Magariños en colaboración co Concello de Brión, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación da Coruña.

Concerto

A homenaxe á patroa dos músicos culminarase o sábado 26 de novembro cun concerto a cargo da Banda Municipal de Música do Concello de Brión. Será ás 190:00 horas, no centro social polivalente. Este concerto na honra de Santa Cecía está organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Banda Municipal de Música de Brión e a Deputación da Coruña.