Friday 22 de November de 2024

Adxudicada a mellora do camiño rural de Agro da Cuña en Vixán no Parque Natural


O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación consistente na mellora dun camiño rural en Agro da Cuña, lugar situado en Vixán, na parroquia de Carreira.

A actuación será realizada pola empresa Alberto Pérez Sampedro e o seu prezo será de 45.796,44 euros, IVE incluído. A obra conta cunha achega da Xunta adscrita a axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia.

O camiño situado dentro do parque natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, está pavimentado actualmente con zahorra tanto no seu tramo inicial na súa parte, final, razón pola cal en época de chuvias rexistra numerosos charcos e surcos ao carecer de cunetas. Numerosos veciños veñen solicitando a adecuación da vía ao dificultar con mal tempo o acceso a fincas e vivendas.

Pavimento ecolóxico
Por esta razón elaborouse un proxecto técnico que inclúe a adecuación da parte inicial e final do camiño pavimentándoo cun firme que permita o tránsito de forma cómoda e segura. A tal efecto aplicarase un pavimento continuo ecolóxico de 15 centímetros de espesor a base de cal hidráulica natural en consonancia co espazo protexido no que está ubicado. A superficie total é de 1.395 metros cadrados.

O prazo de execución é dun mes.