Friday 22 de November de 2024

O Proxecto Máis Riveira Atlántica 2020 e os Plans de Accesibilidade e Turismo de Riveira serán presentados nun acto no mercado


O acto terá lugar o vindeiro venres 25 ás 20 horas

O Concello de Riveira informa de que o vindeiro venres 25 de novembro ás 20 horas no terceiro andar do novo mercado municipal terá lugar a presentación pública do proxecto Máis Riveira Atlántica 2020 / DUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Riveira) e de outros dous plans integrados neste proxecto: o Plan Municipal de Accesibilidade Universal e o Plan Estratéxico para o Desenvolvemento do Turismo.

Cómpre lembrar que a posta en marcha do proxecto Máis Riveira Atlántica vai estar cofinanciado nun 80% a través do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020 despois de que Riveira figure entre os doce concellos galegos que lograron a puntuación necesaria para recibir esta achega europea, que ascende a un total de 5 millóns de euros.

Calquera veciño interesado poderá estar presente neste acto no que se desgranarán as claves tanto da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Riveira como dos plans de accesibilidade e turismo elaborados nestes últimos meses.

Cómpre informar tamén que sesenta minutos antes, ás 19 horas, celebrarase no Concello a reunión constitutiva da Comisión Estratéxica do proxecto con cofinanciamento europeo.