Actos de celebración da festividade de Santa Cecilia que terán lugar no Campo da Feira de Ordes o vindeiro sábado día 22 de novembro de 2014 organizados pola Asociación Cultural “Amigos da Música” de Ordes en colaboración co Concello de Ordes.
Este ano, a celebración da festividade da patroa dos músicos, ten como acto principal a Festa dos Socios, na cal ofreceremos un xantar de confraternidade para os socios e para todas as persoas que nos queiran acompañar.
Todos os que desexen asistir, deberán retirar a entrada antes do venres 14 de novembro nas dependencias da Escola Municipal de Música de Ordes ou avisar a calquera dos membros da banda para adquirila.
Ademais do xantar, contaremos cunha ampla programación musical e de lecer para todos os públicos durante todo o día:
13:30 h. CONCERTO DE SANTA CECILIA DA BANDA DE MÚSICA DE ORDES.
Acto de balde e aberto a todo o público no Campo da Feira
14:30 h. FESTA DOS SOCIOS
Acto con entrada no Campo da Feira. Consultar prezos das entradas.
– Xantar (Petiscos variados, Polbo, Carnes, Sobremesa e Café)
– Concerto da Banda de Música de Ordes
– Actuacións musicais
– Comedela galega (Petiscos e Empanada)
– Verbena coa orquestra Alborada
Teremos tamén unha carpa con calefactores, servizo de bar, xogos e actividades para os cativos, sorteos e algunha que outra sorpresa !!!.
Achegolles o cartel publicitario. Se precisan máis información poden poñerse en contacto coa directiva da Asociación nos teléfonos 669 127 317 ou 699 335 046.