Friday 22 de November de 2024

Arela organiza unha serie de actividades para promover a normalización das persoas con Diversidade Funcional


A Asociación Arela organiza unha serie de actividades que terán lugar o vindeiro día 3 de decembro e que desenvolveranse no CSC da Barcala agás a solta de globos e a exhibición de esgrima que será na praza Casares Quiroga desta mesma urbanización.

A Asociación Arela organiza estes actos coa intención de promover a súa normalización ante a sociedade, dar a coñecer a importancia das axudas técnicas e terapéuticas para potenciar as súas habilidades e da importancia do deporte para o desenrolo persoal.

Programa:

16:45 h. Solta de Globos (Praza Casares Quiroga)
17:00 h. Charla “Promover a autonomía persoal e a participación en actividades cotidianas” Impartida por Andrea Alonso Cadavid, Terapeuta Ocupacional e directora do centro de rehabilitación integral NEUROSENS
17:30 h. Charla-Exhibición “Intervención asistida con animales” impartida pola profesora Adriana Ávila Álvarez, coa colaboración do centro Montegatto e a oficina de cooperación e voluntariado da Universidad da Coruña.
18:30 h. Exhibición de Esgrima Adaptada, polo profesor Yann Breteau Agote do Club de Esgrima Coruña.