A visita que están a realizar máis de 350 nenos e nenas de tres centros educativos do municipio para coñecer o Museo do Gravado de Artes está a ser do máis satisfatorio segundo a organización.
Ata o de agora pasaron algo máis de 300 rapaces pertencentes a 1º e 2º curso da ESO do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, 4º de Eso e Bacharelato do IES Número 1; e 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Leliadoura
O programa “Coñece o teu contorno próximo” ao que se adscribe esta acción concluirá mañá ás 11 horas coa visita de 47 alumnos de 3º e 4º de ESO do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras para ver as exposicións BarbantiArte V e Premios Atlante.