Friday 22 de November de 2024

Mulleres pioneiras na biblioteca de Ordes


Dende hoxe a biblioteca de Ordes ten unha nova mostra na que as mulleres son as máximas protagonistas. ‘Cousas de mulleres’ ofrece a posibilidade de comprobar de primeira man os fondos bibliográficos dos que dispón sobre as mulleres máis importantes de ámbitos como o deporte, as letras, ciencias, astronomía, literatura, arte, dereito, política, igualdade etc. Autoras e pioneiras procedentes tanto do territorio galego como doutros lugares do resto do mundo, como por exemplo Madame Curie, Maruxa Mallo, Clara Campoamor, Concepción Arenal, María Brey, María Soliña, María Casares etc. As persoas interesadas poderán visitar a mostra ata o vindeiro 10 de decembro.