O IES David Buján de Sigrás levará a cabo las distintas actividades co obxectivo de poñer de manifesto o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero
O IES David Buján de Sigrás levará a cabo las distintas actividades co obxectivo de poñer de manifesto o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero.
Durante a semana do 21 al 25 de novembro, con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero o alumnado está convidado a encher o seu “Taboleiro homenaxe as mulleres vítimas do maltrato”. Os rapaces e rapazas do centro poderán traer unha flor natural cunha tarxeta coa súa mensaxe de apoio a unha vítima.
Desde o luns, a música nas diferentes linguas estará presente nos períodos de lecer. Trátase de reflexionar sobre as mensaxes contidas nas cancións: o positivo e o negativo de cada un deles sobre o tema da violencia de xénero.
Asemade, organizado por Convivencia, o luns –entre as 16:45 e as 18:10- o alumnado de 3º da ESO participará nun Obradoiro de Rap impartido por Diego Calatayud. A idea é compoñer un rap de denuncia desta forma de violencia.
E tamén, o departamento de Normalización Lingüística vai promover unha recreación visual do poema, Baldosas, de Carlos Negro. Estará instalada no vestíbulo do centro, toda a semana.
O venres, 25 de novembro, un grupo de rapaces e rapazas de 1º Bacharelato plasmarán unha interpretación particular dun tableau vivant; neste caso non tomarán como modelo un cadro senón unha situación de violencia de xénero.
Por outra banda, o día 25 no primeiro recreo proxectarase o lipdub elaborado no obradoiro de bo trato sobre igualdade de xénero organizado por Servizos Sociais do Concello, dirixido ao alumado de 2º de ESO. Tamén , a elaboración dun guion sobre violencia machista por parte de Yanira Gabarri, alumna de 3º PMAR, con vistas á gravación dunha curta na que participarán o resto do alumnado do grupo
E xá para concluír o venres 25 de novembro os voluntarios do grupo de Convivência e a ONG Ecos do Sur, fará a presentación da súa campaña “Poder para transformar su vida”. Trátase dunha campaña de crowdfunding para axudar a 30 mulleres sobrevivientes á violencia de xénero