O grupo Ghazafelhos levará “O país dos mandóns” a outros 14 municipios
A Deputación da Coruña, a través do seu departamento de benestar social, políticas de igualdade de xénero e normalización lingüística pon en marcha un novo circuíto de actividades coeducativas dirixidas ao público infantil para fomentar a igualdade e xénero.
Actualmente a maioría de creacións literarias dirixidas á poboación infantil non teñen en conta a igualdade de xénero e en moitas ocasións consolidan estereotipo sexistas, por iso, para contrarrestar esta tendencia, a Deputación organiza unha nova representación teatral a modo de contacontos que percorrerá ata 14 concellos da provincia. Nesta ocasión será O país dos mandóns da compañía Ghazafelhos e que integra tres obras O país dos mandóns, O segredo de flora e A urna dos desexos, todos pertencentes á colección A igualdade conta da editorial Embora.
A Deputación adquiriu no seu día exemplares destes tres títulos e distribuínos entre as bibliotecas, áreas de igualdade municipais e centros educativos e organizou outro circuíto coa mesma obra teatral para outros 17 concellos.
Agora esta nova quenda comeza mañá no concello de Cee (salón de actos municipal) e rematará o 30 de decembro en Miño (local social da rúa). Cada un dos concellos organizou as súas representacións ben cos centros educativos ou para ofrecelo ao público xeral.