Un total de 30 veciños formáronse nun curso gratuíto de manipulación de alimentos: unha acción promovida dende o Servizo Municipal de Orientación Laboral do Concello de Riveira e destinado a persoas en situación de desemprego.
O curso foi impartido no viveiro de empresas. As actividades prioritarias nas que se enfocaron foron as de “industria conserveira”, “restauración colectiva” e “produtos pesqueiros”, dirixidas respectivamente ao traballo nas conserveiras, negocios de hostelería/comedores e empresas que manipulen produtos da pesca (lonxa, cetarias, peixerías, por exemplo)
A entrega de diplomas tivo lugar hoxe no Centro Cultural Lustres Rivas e contou coa participación da concelleira de Dinamización e Promoción Económica, Fabiola García, xunto coa Orientadora Laboral do Concello, Carolina Pampín.