Caramelos de xenxibre para a tose, tintura de áloe vera, alcol de romeu, locións. Estes son algúns dos ungüentos que realizaron as persoas que asistiron ao curso de plantas medicinais que tivo lugar recentemente no concello de Oroso. Simultaneamente en Frades tivo lugar outro de cestería, ambos dentro do programa dos obradoiros artesanais que vén desenvolvendo a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes nos últimos meses, en cada un dos sete municipios que a integran.