Ordes, 16 de novembro de 2016. Os alumnos e alumnas do segundo curso da ESO do IES Maruxa Mallo visitaron onte a biblioteca municipal de Ordes. Alí puideron ver de primeira man a mostra sobre terror e misterio que nas últimas semanas se exhibiu, co fin de dar a coñecer todas as referencias que a biblioteca ten sobre estas temáticas. Precisamente o profesorado do centro organizou esta visita para completar o estudo que está a realizar sobre este xénero literario.Pola súa parte o persoal do centro explicou distintas lendas e supersticións da zona, así como tradicións relacionadas co esoterismo.