Monday 25 de November de 2024

O Concello de Touro renova o equipamento deportivo do colexio CPI Fonte Díaz


O Concello de Touro renovou o equipamento deportivo das instalación deportivas ubicadas no colexio CPI Fonte Díaz. Os traballadores do Concello retiraron durante os últimos días as antigas canastas e porterías do campos de baloncesto e fútbol sala do colexio público e sustituíronnas por otras novas durante algúns dos días nos que non houbo clases. O Concello de Touro pretende así manter ao día e en boas condicións de uso os equipamentos dos que disfrutan os nenos e nenas que cada día xogan e divírtense nas instalación deportivas do CPI Fonte Díaz.