Friday 22 de November de 2024

Máis de 300 ciclistas completan un esixente XII Roteiro das Mariñas


O estado dos camiños ante a choiva dos últimos dias incrementou a dureza da proba ciclista

Máis de 300 ciclistas superaron unha das marchas ciclistas máis esixentes da bisbarra, o Roteiro Terra das Mariñas, que atravesou os concellos de Cambre, Culleredo, Carral, Cerceda e Laracha. As 9.30 horas o roteiro comezou con normalidade e ás 16.00 horas ainda non habían rematado todos os ciclistas a proba debido a dureza de mesma.
Este ano a choiva dos últimos días complicou moito os camiños de montaña e os deportistas fixeron un dobre esforzo para superar o barro, as pendentes polo monte e os charcos.

Segundo o presidente do Club Ciclista Cambre, Antonio Carrodeguas, este ano destacou a dureza da proba pero coincidiu cos deportistas en sinalar que foi un percorrido “moi divertido”, algo que agredeceron os ciclistas.

O roteiro estivo coorganizado polo Concello de Cambre e o Club Ciclista Cambre e conta coa colaboración dos outros concellos. Asemade, ten o patrocinio da Xunta de Galicia, Galicia Saudade, Deporte Galego, Deputación Provincial, A Banca, Decathlon e a Federación Galega de Ciclismo.

Ao remate da proba os ciclistas gozaron dunha comida no pavillón Sofía Toro na que estiveron presentes o alcalde de Cambre, Oscar García Patiño, e o concelleiro de Deportes, Ramón Boga.