Preto de 20 parellas participaron esta mañá no obradoiro de reflexoloxía podal para bebés, iniciativa que por primeira vez se levou a cabo no municipio e que contou cun alto nivel de participación. O punto de encontro para a sesión foi o local social situado na rúa Reconciliación, onde durante catro horas e baixo a dirección dunha profesional titulada impartíronse coñecementos sobre as zonas reflexas dos pés. Coa debida supervisión pais, nais, avóas etc tiveron a oportunidade de traballar cos seus bebés, nenos e nenas e de aprender técnicas para solucionar problemas como os cólicos lactantes, refluxos, catarros, otites, farinxites, conciliación do sono etc.