Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios


O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios, homologado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Un curso de 25 horas de formación presencial que dará comezo o próximo luns 21 de novembro, en horario de 19:00 a 22:30 horas. Máis información e inscricións no Concello de Oroso, teléfono 981 69 14 78.

O obxectivo principal deste curso é capacitar ao alumnado para obter o carné de aplicador de produtos fitosanitario, imprescindible dende novembro de 2015 para as persoas que aplican este tipo de produtos. A maiores, o alumnado recibirá formación sobre tratamentos sen químicos.