A Brigada de Obras composta por persoas perceptoras do Risga está levando a cabo traballos de limpeza e acondicionamento do mobiliario urbano na Barcala. Desde o pasado mes de xullo e ata o mes xaneiro catro mulleres compoñen esta brigada e un home traballa no departamento de Servizos Sociais.
Hoxe limpiouse o muro que separa a urbanización da Barcala da estrada da Deputación que durante anos estivo cheo de pintadas e plagado de carteis.
En concreto, solicitouse a subvención para a contratación de catro peóns durante 7 meses para o Programa “Brigada limpeza municipal”, e un conserxe (7 mesespara o Programa “Conserxe servizos sociais”.
O Concello de Cambre recibiu da Consellería de Traballo e Benestar unha subvención de 42.674 euros para contratar a estas preceptoras da RISGA, incluídos nas accións de fomento de emprego que puxo en marcha a Xunta de Galicia.
A Concelleira de Servizos, Elisa Pestonit, destaca este programa de promoción de emprego e sinala que é unha boa medida pola inserción laboral que ademáis redundará nun mellor servizo aos veciños.
O obxectivo é proporcionarlles a experiencia práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral e aprobar as accións de fomento do emprego no Concello de Cambre. Asemade, o fin é favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar que a súa situación de exclusión social sexa permanente.