Haberá un percorrido máis esixente de 71 quilómetros con zonas técnicas, subidas duras, baixadas rápidas e zonas de rodadora, e outro alternativo de 35 quilómetros para os máis tranquilos
O vindeiro domingo, dia 13 de novembro terá lugar a XII edición do Roteiro Terra das Mariñas que atravesará os concellos de Cambre, Culleredo, Carral, Cerceda e Laracha. O roteiro está coorganizado polo Concello de Cambre e o Club Ciclista Cambre e conta coa colaboración dos outros concellos. Asemade, ten o patrocinio da Xunta de Galicia, Galicia Saudade, Deporte Galego, Deputación Provincial, A Banca, Decathlon e a Federación Galega de Ciclismo. Hoxe o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, y el Presidente del Club Ciclista, Antonio Carrodeguas, presentaron a cita de BTT no salón de plenos do Concello.
A organización estima unha participación de 300 ciclistas e pide máxima precaución nos cruces dos viarios que, ainda que estean regulados pola Policía Local e Garda Civil, sempre son perigosos. En canto a seguridade, haberá catro postos de información e avituallamento e unha ambulancia medicalizada.
Lembra aos participantes que o casco é obrigatorio e aconséllalles levar ferramentas básicas. O Roteiro BTT Terra das Mariñas comezará o domingo 13 de novembro ás 9:30 horas.
Haberá un percorrido máis esixente de 71 quilómetros con zonas técnicas, subidas duras, baixadas rápidas e zonas rodadora, e outro alternativo de 35 quilómetros para os máis tranquilos. Os ciclistas poderán elixir un percorrido intermedio que estará indicado pola organización.
Cada semana o Club Ciclista Cambre sortea regalos dos colaboradores, entre os inscritos. A organización premiará aos clubes que participen com máis ciclistas e premios que fomenten o espírito deste deporte.