As clases darán comezo o vindeiro martes, 15 de novembro. Desenvolveranse en horario de tarde na casa da cultura
O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para a vindeira convocatoria do curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dirixido á poboación adulta. As clases darán comezo o vindeiro martes, 15 de novembro, nun horario que irá dende as 19 ás 21 horas. Como é habitual terán lugar na casa da cultura e o prezo será de 18 € mensuais. As persoas que decidan matricularse deberán acudir ao Departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello, para formalizar a súa solicitude.
Cabe sinalar o alto nivel no número de alumnos e alumnas como de aprobados que veñen presentando as estatísticas de Ordes en comparación cos demais municipios da provincia. Na convocatoria de agosto foron máis de 30 as persoas que asistiron ao curso, dos cales máis do 80% superaron as probas finais. Analizando por áreas a científico-tecnolóxica foi a que alcanzou un maior número de resultados satisfactorios cun 90%, mentres que as de lingua e sociais se situaron nun 80%.