Saturday 16 de November de 2024

Ampliada ata o 11 de novembro a inscrición no curso gratuíto de aproveitamento dos recursos silvestres e do monte para mulleres de Lousame


O Concello de Lousame amplía ata o 11 de novembro o prazo de inscrición no curso gratuíto de aproveitamento dos recursos do monte e dos recursos silvestres, que se impartirá a finais deste mes en Toxosoutos. As veciñas de Lousame interesadas en participar deberán inscribirse no teléfono do Concello de Lousame (981 820 494).

O curso, encadrado no Programa de Fomento do Emprego das Mulleres financiado pola Deputación da Coruña, terá unha duración de 30 horas teóricas e prácticas nas que as 20 alumnas participantes aprendan aproveitar o monte e a súa contorna rural como provedor de multitude de recursos para a vida diaria e como fonte de ingresos a través de diferentes traballos artesáns e de valorización cultural, tanto para o autoconsumo como para ofertar nos mercados.

Unha vez rematado este curso, o Concello de Lousame ten previsto impartir unha última sesión incluída no programa de Fomento do Emprego das Mulleres: “Informática para mulleres emprendedoras”, que terá lugar en decembro e tamén será de balde.