SOs concellos de Frades e Oroso colleron esta fin de semana o relevo dos obradoiros artesanais emprendidos pola Mancomunidade de Ordes, dándolle así continuidade a unha iniciativa na que veñen participando preto de 200 veciños e veciñas da comarca. Respectivamente impartíronse clases de cestería e plantas medicinais, nas que as persoas inscritas aprenderon toda unha serie de técnicas e coñecementos de grande utilidade. A xente terá a oportunidade de contemplar todo o traballo realizado na mostra que se abrirá ao público do 16 ao 23 de decembro no Museo do Traxe Juanjo Liñares (Ordes). Todo isto contando coa colaboración da Deputación da Coruña para a súa posta en marcha.