A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio lembra que a Xunta destinou máis de 4 millóns de euros á construción desta nova infraestrutura e dos colectores xerais de saneamento que suman máis de 4 quilómetros
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, destacou a impartancia da depuradora de Gandarío. Trátase da cuarta instalacións deste tipo que se instala neste municipio e que vén a cubrir as carencias que as outras depuradoras non atendían ás verteduras da zona de Gandarío.
Tal e como explicou a conselleira durante a súa visita ás instalacións –posta en servizo en período de probas dende o pasado mes de xullo-, e na que estivo acompañada pola rexedora municipal, Alejandra Pérez Máquez, a nova edar e os colectores xerais de saneamento de Gandarío son unhas infraestruturas de gran importancia para a mellora do saneamento neste concello e na ría de Betanzos.
Para a súa construción investíronse máis de 4 millóns de euros para a execución da cuarta depuradora do concello e para a instalación dunha rede de colectores de máis de 4,3 quilómetros e de tres estacións de bombeo cos seus correspondentes tramos de impulsión. Con esta infraestrutura hidráulica dáse servizo a unha poboación estimada de 6.000 habitantes.
Non obstante, a conselleira apelou á complicidade e colaboración do Concello de Bergondo para conseguir o máximo funcionamento e eficiencia desta instalación, para o que é necesario que cada día haxa máis casas de veciños do municipio enganchadas á rede de saneamento.
Lembrou que esta actuación vén de unirse aos máis de 900.000 euros que a Xunta de Galicia investiu en saneamento neste concello dende 2009, coa materialización de obras nas zonas de Lubre, Cortiñán, Raxas e Fiobre.
Por último, recordou o esforzo que o Goberno galego fixo en materia de saneamento e depuración na Comunidade, ao destinar máis de 1.100 millóns de euros. Estes recursos permitiu construír 45 depuradoras que dan servizo a máis da metade dos galegos, levar a cabo 350 actuacións de saneamento en 165 concellos e 309 actuacións de abastecemento, que permitiron instalar preto de 800 quilómetros de tubaxes o que permitiu mellorar o abastecemento para 600.000 galegos.