O piloto riveirense Toño Sampedro foi recibido polo alcalde Manuel Ruiz e distinguido cunha medalla co escudo do municipio polos éxitos que está a colleitar este xoven deportista, nacido en 2004.
Sen ir máis lonxe, Sampedro proclamouse fai uns días xunto co coruñés José Canosa campión de España de motocross por equipos na categoría MX85 disputado no circuíto de Cerro Negro en Talavera de la Reina.
O piloto acudiu ao Consistorio acompañado do seu pai e adestrador Alberto Sampedro.