Friday 22 de November de 2024

Touro continúa co traballo de restauración e rehabilitación de fontes e manantiais e acondiciona unha nova fonte na parroquia de Novefontes


O Concello de Touro traballa dende hai anos na recuperación e restauración de fontes e manantiais en todo o municipio. Agora tocoulle a vez a unha fonte ubicada nas proximidades da igrexa parroquial de Novefontes, unha das 19 parroquias que conforman o Concello de Touro. Os traballadores do Concello de Touro construiron a fonte que suministra auga dun manantial próximo e tamén dotaron á nova infraestructura dun depósito no que se poidan abastecer os medios que cada ano loitan contra o lume no monte. O obra xa está rematada pode ser utilizada por os veciños de Novefontes, toponimia que xa indica a presencia de fontes neste territorio.

O Concello de Touro traballa dende hai tempo na recuperación das tradicionais fontes e manantiais empregando fondos municipais. Hai anos que comenzou. Por exemplo, unha das primeiras fontes restauradas foi a da localidade de Peixón, en Loxo. Os operarios adecentaron e restauraron a fonte que mana auga dun manantial próximo. Tamén foi restaurada a fonte da capilla de San Cidre, en Tarrío

O Concello de Touro tamén acondicionou fai un ano o acceso á Fonte de San Breixo, denominada tamén Fonte do Santo, na parroquia de Foxás. Neste lugar celébrase a tradicional Romería de San Breixo, que é en honra a Santa Lucía e que todos os outonos, no mes de outubro, cita no campo da festa a romeiros e romeiras de toda a comarca de Santiago. O Concello de Touro está decidido a recuperar o seu patrimonio. “Tratamos de mellorar as condicións do noso medio rural”, explica o alcalde Ignacio Codesido.