Tamén aprobouse a aprobación da modificación do proxecto da obra incluída no POS 2013 Complementario, “Nova rede de pluviales en el polígono industrial del Temple y redes de abastecimiento en A Pega (Cambre) e Apartada (San Lourenzo)”
O pleno de Cambre aproba a proposta de modificación da Ordenanza fiscal núm. 9 reguladora da taxa polo servizo da rede de sumidoiros. A proposta debatida na sesión ordinaria plantexa bonificacións do 100% para os veciños con maiores dificultades económicas, ademais de bonificar ao 50% a tasa para as vivendas habituais das familias numerosas.
A recente actualización das tasas pola xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bens, que establece un fixo mensual de 0,50 euros, ademais da tasa variable polo uso doméstico (0,28 por metro cúbico) e polo uso industrial (0,35 euros), fai necesaria unhas bonificacións para as famílias con dificultades económicas.
Bonificarase o total da tasa nos casos nos que os ingresos da unidade familiar non superen o salario mínimo interprofesional, sempre que acrediten a súa insolvencia económica para facer fronte á cuota correspondente o unas unidades de convivencia que acrediten estar en risco de exclusión social. A proposta foi aprobada cos votos a prol do goberno local e a abstención do BNG, Ciudadanos, ACDC, edil non adscrito e PP.
Tamén aprobouse a aprobación da modificación do proxecto da obra incluída no POS 2013 Complementario, “Nova rede de pluviales en el polígono industrial del Temple y redes de abastecimiento en A Pega (Cambre) e Apartada (San Lourenzo)”.
O antigo proxecto non contaba cun apartado expecífico sobre o custe da xestión de residuos -aspectos que se desglosaban no proxecto, pero non nunha partida exclusiva. Neste senso, as diferencias co contratista demoraron a obra, que hai máis de dous anos que foi adxudicada e que non comezou. Aprobouse por unanimidade a proposta.
Apróbase o 2.1 da orde do día, o recoñecemento de obrigas procedentes de exercicios anteriores con cargo ao Orzamento de 2016 polo importe total de 43.924,53 euros.
Estas facturas non se aprobaron no seu momento, por non ter a conformidade no exercicio 2015, ou por terse presentado a finais de ano e non ser posible conformalas e tramitalas antes de finalizar o 2015, ou ben por non terse presentado no Concello no mesmo exercicio no que se prestou o servizo ou se realizou a subministración ou obra. A proposta saíu adiante cos votos a prol do goberno local (UxC e PSOE), e a abstención de ACDC, concelleiro non adscrito, BNG e Partido Popular.
Por outra banda, aprobouse o expediente de transferencia de crédito por un importe total de 85.000,00 euros, co fin de sufragar o gasto corrente de varios servizos co excedente doutras partidas non executadas. A medida aprobouse cos votos a prol do goberno local (UxC e PSOE), BNG e a abstención de ACDC, Ciudadanos e o concelleiro non adscrito. En contra votou o Partido Popular.
Apróbase por unanimidade a Declaración Institucional asinada por todos os partidos referente ao conflicto laboral en EXTEL que afecta a 205 familias. O Concello de Cambre amosou o seu apoio incondicional ao cadro de persoal de EXTEL nas súas reivindicacións ante o ERE inxustificado que deixará sen emprego a 205 familias.
Acordou que a Multinacional paralice o ERE e se comprometa a manter todos os postos de traballo na cidade da Coruña e da bisbarra, e que por parte das diferentes forzas politicas presentes no Concello de Cambre, que a súa vez ocupan cargos de responsabilidade noutras institucións, comuníqueselles esta situación e soliciten a Movistar e Extel explicacións dos motivos que se ocultan neste ERE.