Friday 22 de November de 2024

Cambre logra aforrarse case 90.000 euros na reparación de varios camiños de Cambre dentro do Plan de Obras e Servizos


O proxecto saíu a licitación por 203.544 euros e adxudicouse por 119.297 euros

O Concello de Cambre acaba de adxudicar unha das maiores obras do Plan de Obras e Servizos de 2016, “Mellora da rede viaria nas parroquias de Cecebre, Bribes, Sigrás e Cambre”, cun orzamento de de execución por contrata de 203.544,91 euros, aínda que finalmente adxudicouse por 119.297 euros. As obras consisten esencialmente na, renovación de firmes que actualmente se atopan degradados polo paso do tempo polo que a mellora destes é imprescindible para mellorar a seguridade viaria.

En concreto, levará a cabo na parroquia de Cecebre, no lugar de O Pombo e Lendoiro, en varios viarios nos que se prevé a mellora do firme en case dous quilómetros. Tamén en Cecebre, no lugar de Sobreguexe pavimentarase un viario de 600 metros cadrados que conecta con Fraiz.
En Bribes mellorarase o viario que se dirixe cara a Peiraio, de 750 metros de lonxitude, e en Cabana-Pontigo un de 300 metros situado na parroquia de Sigrás. Finalmente, na parroquia de Cambre arranxarase o camiño no lugar de Socampo, de 250 metros de lonxitude.

O prazo de execución das obras é de dous meses, contados a partir da data da firma do acta de comprobación do reformulo.