Friday 22 de November de 2024

Curso teórico-práctico de adestramento canino


Terá lugar o primeiro domingo de novembro e impartiranse clases teóricas e prácticas sobre cachorros e a súa aprendizaxe e os problemas máis habituais desta etapa. As inscricións estarán abertas ata o día 29 deste mes, habendo un número máximo de 50 participantes

O domingo 6 de novembro terá lugar na antiga escola unitaria de Merelle (Ordes) un curso teórico-práctico de adestramento canino básico. O programa desenvolverase en xornada partida, impartíndose clases teóricas e prácticas sobre cachorros e a súa aprendizaxe (de 11 a 14 h), así como sobre os problemas máis habituais desta etapa (de 16 a 18.30 h). Para a actividade práctica empregaranse mascotas das persoas asistentes, limitándose o número delas a oito. Para isto é requisito indispensable que as persoas interesadas completen o formulario que se lles entregará coa súa preinscrición.

O número máximo de prazas ofertadas ascende a 50, tendo ata o 29 de outubro como data límite para poder apuntarse a través de: http://amigosdacanceira.blogspot.com.es/p/formacion.html, ou ben presencialmente na canceira municipal Segunda Oportunidade os sábados 22 e 29 de outubro de 10 a 13 horas. A tarifa é de 20 €, que no caso de ser socio redúcese á metade (10 €). A dita iniciativa está organizada pola Asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade e polo Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes, e será impartida polo Centro de Formación Montegatto.