Friday 22 de November de 2024

O Concello de Brión solicítalle á Deputación que fraccione en dous prazos o cobro do IBI de natureza urbana no 2017


O alcalde de Brión, José Luís García, vén de solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña que fraccione en dous prazos o cobramento do IBI de natureza urbana no ano 2017 no municipio, “para facilitar aos veciños o pagamento deste imposto sen quebranto das súas economías familiares, posto que os incrementos nos recibos van ser importantes”. Unha petición que o Concello de Brión realiza por ter delegadas na Deputación da Coruña as facultades de xestión e recadación deste imposto.

Durante este 2016 rematouse en Brión o procedemento de regularización catastral iniciado pola Dirección Xeral do Catastro, sendo notificados os novos valores catastrais aos interesados e que xurdirán efectos con data 1 de xaneiro de 2017. “Como consecuencia destes traballos os importes a pagar se verán incrementados notablemente no ano 2017, polo que numerosos veciños xa solicitaron a esta Alcaldía que se fraccionase o pagamento deste imposto en dous prazos, de forma que lles resulte menos traumático”, explica José Luís García.