A directora xeral de Conservación da Natureza visitou esta mañá esta zona mellorada, na que o seu departamento investiu máis de 35.000 euros
A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, visitou esta mañá o lugar do Muíño de Ferreñas, no Concello de Vilarmaior, que foi obxecto dunha actuación de mellora e acondicionamento do acceso e da súa contorna. Unha actuación que levou a cabo a Dirección Xeral de Conservación da Natureza que investiu un orzamento de 35.000 euros.
As obras consistiron no acondicionamento para a mellora da área de esparexemento desta zona, localizada na parroquia de Doroña, á marxe do río Baxoi. A directora destacou que con esta actuación tamén contribúe a poñer en valor os recursos naturais existentes, o que permitirán a súa conservación e coidado.
Ao mesmo tempo, grazas á intervención levada a cabo pola Consellería de Medio Ambiente impúlsase o atractivo deste lugar, no que se instalaron xogos infantís, se melloraron os accesos e a zona do aparcadoiro.