O Concello de Ordes súmase á conmemoración do Día contra o cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro. Por este motivo o balcón principal do Concello loce un gran lazo rosa como sinal da apoio e como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade. O lugar escollido para a exhibición deste símbolo é do máis apropiado ao ser o máis transitado do municipio, xa que ademais de poder dirixirse á poboación local que transita pola Avenida Alfonso Senra tamén pode ser observado por parte dos milleiros de condutores que diariamente transitan cos seus vehículos pola estrada N-550.