Friday 22 de November de 2024

O concello acorda unha serie de accións para averiguar as causas dos malos olores


A INSTALACIÓN DE TOMAMOSTRAS, A CONDUCIÓN SEPARATIVA PARA OS RESIDUOS PORTUARIOS E A REDUCIÓN DE INFILTRACIÓNS DE AUGA DE MAR, ENTRE AS MEDIDAS ACORDADAS

A Casa do Concello foi escenario no día de hoxe dunha reunión para abordar a problemática dos malos olores que se están a producir en certos tramos das conducións que desembocan na nova EDAR de Riveira.

Esta xuntanza, na que participaron Xunta, Concello, Acuaes e Eptisa (a redactora do proxecto) e que incluíu unha visita ás instalacións, serviu para analizar todos os aspectos relacionados coa obra: dende ao proxecto técnico ata a execución do mesmo e a explotación da estación.

Así, no transcurso da reunión transcendeu que xa se están efectuando un conxunto de melloras na planta depuradora que teñen que ver con reforzar o sistema de desodorización sobre o proxecto orixinal. Agora, co fin de solucionar os problema de olores no resto de instalacións (é dicir, nos bombeos, os tanques de tormenta e as ventosas) os participantes no encontro acordaron levar a cabo outra serie de accións a maiores dos traballos dirixidos a seguir optimizando o funcionamento integral das instalacións no seu conxunto.

Así, o Concello ten previsto instalar tomamostras nos tanques de Pedra Pateira e Areeiros para realizar unha análese comparativa da evolución da auga residual entre un e outro punto e, xa cos resultados na man, decidir a conveniencia de desodorizar algunha arqueta ou de engadir en orixe algún tipo de elemento aditivo que evite a formación de ácido sulfhídrico.

Outras medidas que se pretenden adoptar en paralelo son examinar as conducións por se se estivese efectuando algún vertido inapropiado ou sen identificar á rede municipal; así como conectar a canalización portuaria directamente coa condución industrial de tal xeito que non finalice na depuradora de Couso. E por último tamén serán analizadas as infiltracións de auga de mar que se producen á altura de Palmeira por se tivese algunha influencia na xeración de cheiros.

De todas estas actuacións se darán conta na comisión periódica de seguemento que terá lugar mañá entre Acues e Xunta de Galicia.

Por outra parte, o vindeiro pleno da Corporación abordará aprobación da nova ordenanza reguladora de vertidos, cuxas cláusulas se espera que redunden nun maior control dos vertidos que se efectúan na rede municipal.