Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Oroso convoca un curso de Manipulador de Alimentos e alerxias e intolerancias alimentarias


O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nun curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos, que terá lugar o xoves 10 de novembro, de 9:00 a 13:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. Un curso que mantén o prezo de anos anteriores (25 euros empadroados en Oroso, 30 euros non empadroados) pero que este ano se incrementa nunha hora para incluír tamén formación en materia de alerxias e intolerancias alimentarias.

As inscricións pódense realizar no Concello de Oroso ou no teléfono 981 691 478. Este curso permite ao alumnado obter o carné de manipulador de alimentos, que faculta ao seu posuidor para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos…), no sector alimentario, en comedores escolares… Durante o curso, os alumnos e alumnas aprenderán tamén distintos conceptos sobre nutrición, a hixiene e manipulación dos alimentos, así como os distintos métodos de conservación dos alimentos.