Friday 22 de November de 2024

A pista de Doma Clásica de Porto Avieira albergará este sábado a quinta edición dos Xogos Ecuestres de Oroso


O Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, en colaboración co Concello de Oroso, organiza este sábado 15 de outubro a quinta edición dos Xogos Ecuestres de Oroso, que terá lugar na pista de Doma Clásica de Porto Avieira (A Gándara-Oroso). Unha actividade que pretende divulgar e fomentar o deporte da equitación, polo que a entrada será totalmente de balde.

Os V Xogos Ecuestres de Oroso comezarán ás 11:00 horas, coas probas de Horse Agility que rematarán ás 14:00 horas, dando paso a unha churrascada a prezos populares. A actividade retomarase ás 16:00 horas coas probas de doma clásica, vaqueira, reinining e ferraxe. Os trofeos e diplomas entregaranse ás 19:00 horas, xusto antes do inicio dunha “Equs party” que se estenderá ata as 23:00 horas. A festa incluirá paseos a cabalo e o sorteo de 10 clases de equitación entre todos os espectadores.