Friday 22 de November de 2024

Entrega dos títulos de concesión do cemiterio do Valado


Esta mañá procedeuse coa entrega dos títulos dos novos nichos do cemiterio do Valado. Un total de 27 veciños e veciñas recibiron a documentación que lles acredita a cesión de dereito de enterramento en sepultura do dito cemiterio, tras a execución da última fase de construción. José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, e Susana García, concelleira de Benestar Social, foron os encargados da entrega dos ditos documentos.