A xunta de goberno local acordou na súa reunión celebrada hoxe a adxudicación dunha actuación destinada á substitución dos paneis traslúcidos de poliéster situados na cuberta do Pavillón Polideportivo da Fieiteira.
Estes paneis, que están situados sobre a pista deportiva, atópanse bastante deteriorados e filtran auga, razón pola cal de acordo coa recomendación dos técnicos é preciso substituílos e que a área de xogos poida ser utilizada con total normalidade en época de chuvias.
Así, os elementos de poliéster será desmontada e no seu lugar se instalarán paneis tipo sándwich formados por dúas chapas de aceiro e prelacado en cor polas dúas caras, con poliuretano no seu interior de 30 milímetros de grosor.
Fiestras
Así mesmo, ante a eventual merma de luz, o proxecto inclúe a apertura de catro fiestras de 4 por 1,40 metros nos muros de formigón, con carpintería de aluminio e dobre cristal.
A empresa na que recaeu a obra foi Digar de Artes, S.L., por un importe de 35.373,76 euros, IVE incluído.