Nesta segunda e derradeira xornada terán lugar probas de atletismo, xadrez, orientación e fútbol sala. Desenvolveranse ao longo de toda a tarde no pavillón Castelao II e nas instalacións deportivas de Vista Alegre
14 de outubro de 2016. A Mancomunidade de Ordes continuará este vindeiro sábado coa I Miniolimpíada. Será a segunda e última xornada desta competición na que participan un total de 120 deportistas de cada un dos sete concellos da comarca.
Nesta ocasión os partidos e competicións desenvolveranse paralelamente no pavillón Castelao II e nas pistas de atletismo de Vista Alegre (Ordes), iniciándose a partir das 15 horas cos encontros futbolísticos nos que un equipo por municipio loitarán polo triunfo. No que ao atletismo se refire terán lugar as probas de lanzamentos e resistencia. O xadrez e as probas de orientación tamén forman parte do calendario de mañá. Ademais dos resultados de cada xornada haberá un equipo gañador, que se corresponderá co concello que acade máis medallas de ouro.
Organizada polo Club Atlética A Silva, para a posta en marcha destas I Miniolimpíadas cóntase co patrocinio da Deputación da Coruña, e coa colaboración de Jogafán Fútbol Sala, Club SEO e Club Xadrez Oroso.