Friday 22 de November de 2024

Teatro do Morcego representará a súa obra “Nosa señora das nubes” mañá venres no centro social polivalente de Brión


Teatro do Morcego representará mañá venres 14 de outubro, ás 20.30 horas, no centro social polivalente de Brión a súa obra “Nosa señora das nubes”, escrita por Arístides Vargas e dirixida por Celso Parada. Unha exitosa e premiada obra que en Brión poderá desfrutarse de balde, xa que está incluída dentro do programa “Outono cultural” e a entrada é totalmente libre ata encher aforo.

“Nosa señora das nubes” conta a historia de dous personaxes expatriados, interpretados por Celso Parada e Josi Lage, nun espazo e nun tempo indeterminado que, a través de lembranzas confusas, buscan recuperar as historias vividas na súa patria: Nosa Señora das Nubes, un pobo que só existe na súa memoria. Un texto chego de humor pero que tamén fai reflexionar sobre temas de gran actualidade como as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo.