Será na casa da cultura o vindeiro xoves e darase a coñecer a nova comisión
Comerciantes, empresariado, autónomos e veciñanza en xeral están convocados para o vindeiro xoves, 20 de outubro, ás 21.30 horas na casa da cultura. Alí se fará balance das festas patronais deste ano e darase a coñecer a nova comisión de festexos.