Friday 22 de November de 2024

Os pensionistas e xubilados poderán retirar as entradas para o Encontro do Maior de Riveira a partir deste xoves


O evento celebrarase o domingo 30 de outubro na Fieiteira

Este xoves día 13 abrirá o prazo para poder adquirir as entradas do Encontro do Maior 2016: un evento incardinado dentro do Programa de Dinamización Social dos Nosos Maiores que nesta ocasión terá lugar o vindeiro domingo día 30 de maio.

Para explicar os detalles do evento compareceron hoxe na Casa do Concello a edil de Servizos Sociais, Esther Patiño; e a xefa deste departamento, Francisca Vidal. Unha vez máis, a celebración dará comezo a partir das 12.30 horas na igrexa parroquial de Santa Uxía cunha misa cantada pola Coral Polifónica Municipal de Riveira dirixida por Enrique Paisal.

Pero o prato forte chegará despois. A partir das 13.15 horas abrirán as portas do polideportivo da Fieiteira e as 14 horas está previsto que dea comezo un xantar que estará amenizado por un grupo de gaitas e outro de baile. Haberá autobuses para poder subir.

Coma sempre, a xuntanza estará destinada aos pensionistas e xubilados do municipio riveirense con idades a partir dos 55 anos e, no caso de que nos últimos días se vexa que aínda quedan prazas dispoñibles, estudarase a posibilidade de abrir o encontro aos maiores doutros municipios.

Esther Patiño explicou que haberá un sorteo do que preferiu non entrar en detalles para que sexa unha sorpresa.

A entrada é de 16 euros por persoa que poderá ser recollida na Oficina Municipal de Recadación situada na Casa do Concello.

Previsión de mil participantes
As previsións apuntan a alcanzar o milleiro de participantes tal e como se vén facendo en anteriores edicións.