Friday 22 de November de 2024

Primeira xornada da I Miniolimpíada da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes


As pistas de atletismo de Vista Alegre (Ordes) enchéronse esta fin de semana de deportistas e público, debido á I Miniolimpíada da Mancomunidade de Ordes. Concretamente disputáronse as probas de velocidade e salto de lonxitude, orientación e xadrez. Roberto Rey, presidente da Mancomunidade de Ordes; Jesús Rama, concelleiro de Deportes de Cerceda; Antonio Castiñeiras, tenente alcalde de Trazo e Luis Caamaño, concelleiro de Deportes de Ordes, foron os encargados de entregar as medallas e galardóns a pé de podio. Xa de cara á vindeira semana a cita será novamente o sábado a partir das 15 horas con fútbol sala no pavillón Castelao II, mentres que nas instalacións deportivas de Vista Alegre terán lugar as restantes competicións.
Nesta I Miniolimpíada participan un total de 120 deportistas dos 7 municipios da comarca. Organizada polo Club Atlética A Silva e a Mancomunidade de Ordes, cóntase co patrocinio da Deputación da Coruña, e coa colaboración de Jogafán Fútbol Sala, Club SEO e Club Xadrez Oroso.