Santa Cruz de Montaos volveu a vivir hoxe unha xornada de festa, nesta ocasión na honra á Virxe do Rosario. Foron moitos e moitas as persoas que acudiron á misa solemne para posteriormente, e precedidos do grupo de gaitas Os Pelexos, achegarse ata o campo da festa. Alí as polbeiras xa preparaban distintos pratos ben suculentos, como as costelas á brasa, o lacón cocido ou, como non, o polbo á feira. Os máis novos e novas pasáronno en grande no tíovivo, mentres que outros e outras bailaban ao son da orquestra Alaska, que esta noite volverá a ter pase, esta vez acompañada por La Fórmula.