Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Oroso convoca as V Xornadas Micolóxicas, que terán lugar o sábado 22 de outubro e incluirán cata e saídas ao monte


O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nas V Xornadas Micolóxicas, que terán lugar no centro cultural de Sigüeiro o sábado 22 de outubro. A iniciativa está dirixida tanto a adultos como a menores e combinarán unha charla formativa, unha saída ao monte a recoller e identificar cogomelos e un xantar-degustación no Restaurante Mariñaos (Oroso).

Os prezos de inscrición son de 15 euros para adultos e 7 euros para nenos menores de 12 anos empadroados en Oroso. Os non empadroados en Oroso terán que aboar 22 e 14 euros, respectivamente. As inscricións poden realizarse no centro cultural de Sigüeiro, no teléfono 981 690 903 ou a través da web www.concellooroso.com antes do 18 de outubro.

A xornada comezará ás 9:·30 horas cunha charla de introdución á micoloxía a cargo de Martín Souto, biólogo da Universidade de Santiago de Compostela, quen ensinará as diferenzas entre setas comestibles e tóxicas. Ás 11:15 horas, tras un pequeno refrixerio, terá lugar unha saída ao monte para recoller cogomelos. Ás 14:30 horas haberá un xantar-degustación no Restaurante Mariñaos e, ás 17:00 horas, o centro cultural de Sigüeiro acollerá unha sesión de identificación e exposición dos cogomelos apañados durante a mañá.

Para que as Xornadas Micolóxicas se leven a cabo será preciso xuntar un mínimo de 15 participantes, tendo preferencia na hora da inscrición os veciños e veciñas empadroados no Concello de Oroso. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.