Friday 22 de November de 2024

O polideportivo da Fieiteira dará cabida este fin de semana ao XVI Open Internacional Cidade de Riveira de Taekwondo


O sábado 8 de outubro e o domingo 9 vaise a celebrar no pavillón polideportivo da Fieiteira a décimo sexta edición do Open Internacional Cidade de Riveira de Taekwondo: unha competición organizada polo club Natural Sport coa colaboración do Concello de Riveira.

Esta mañá presentaron o campionato na Casa do Concello o concelleiro de deportes, Anxo Orellán, o presidente do club José Francisco Agrelo Lema e o adestrador Juan Luis Martínez. Todos incidiron no alto nivel de participación de este ano superando o milleiro de persoas que estarán presentes nas diferentes categorías.

O torneo é de tipo RG5, contabilizando a máxima puntuación para o ranking galego de combate. Contarase con 120 coachs, 64 árbitros e 800 deportistas en combate, exhibición e técnica chegados de toda España e Portugal.

A xornada do sábado adicarase pola mañá ao combate absoluto, infantil e máster; pola tarde a juniors e cadetes. O domingo tócalle o turno a técnica, freestyle e exhibición. Ao remate destas disciplinas aproveitarase para facer unha homenaxe aos mundialistas de técnica participantes no evento.

O número de clubes parcipantes ascende a 50.