O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá venres 7 de outubro, ás 21:00 horas, unha sesión de teatro para adultos coa compañía ATEACO, que porá en escea a comedia “Mátame que eu non podo”. Unha función dirixida a un público maior de idade e de entrada libre e de balde.
ATEACO, grupo teatral afeccionado co sede no barrio da Sagrada Familia da Coruña, presentará unha historia na que o aumento da esperanza de vida dos cidadáns provoca un desastre económico nas arcas do Estado, polo que o Goberno promulga unha lei pola que os cidadáns que cumpran 70 anos deben suicidarse ou, en caso contrario, serán executados.