Friday 22 de November de 2024

O Centro de Alzheimer inaugura na Casa do Concello a súa exposición fotográfica “Lembranzas”


O acto de apertura contou ca presenza de usuarios do Centro de Riveira

A Casa do Concello de Riveira acolle dende hoxe, 5 de outubro, e ata o 30 de novembro a exposición fotográfica Lembranzas, propiedade do Centro de Alzheimer Agadea.

A exposición consta de 34 fotografías realizadas polo riveirense Manuel Paz, no centro de Riveira, e por Jina Estrada, nos centros de Santiago e A Estrada. Os protagonistas das imaxes son os usuarios dos tres centros Agadea e foron realizadas co motivo do Día Mundial do Alzheimer co fin de achegar á sociedade o día a día das persoas que sofren esta enfermidade e sensibilizar sobre a importancia contra a súa loita.

O acto de apertura contou coa 1ª Teniente de alcalde, Fabiola García, a directora do centro de Riveira, Noelia Riaño e un nutrido grupo de usuarios, todos eles protagonistas das obras expostas.

Esta exposición, de carácter itinerante xa que pasou previamente por Área Central en Santiago e polo Edificio do Novo Mercado de A Estrada, é xa a cuarta que se realiza na Casa do Concello atendendo á nova visión de apertura que desde o executivo local se quere facer da cultura e do acercamento do arte aos cidadáns, así como tamén de facer protagonistas a tódolos veciños de Riveira.

Os usuarios que desexen visitar a exhibición poderán facelo de luns a venres entre as 8 e as 15 horas.