O Concello de Touro está desenvolvendo nas últimas semanas traballos para mellorar a accesibilidade dos veciños e veciñas en Fonte Díaz, capital do Concello. Os traballadores contratados polo Concello de Touro están reparando beirarrúas e colocando rampas nos lugares que precisan dunha mellora da accesibilidade. As obras, que continuarán nas próximas semanas, consisten na renovación do pavimento, mellora do acceso ás propias beirarrúas e aos locais e ampliación de determinados tramos das beirarrúas para facilitar o tránsito de persoas con movilidade reducida e, ao mesmo tempo, incrementar a seguridade dos usuarios das vías. O Concello de Touro, según o seu alcalde Ignacio Codesido, traballa cada ano en ter ao día e mellorar as infraestructuras que usan todos os veciños e veciñas.