Terá lugar este domingo no Auditorio ás 19 horas
Coa denominación “Tahúme de Gala”, o Grupo Tahúme vai celebrar este domingo día 4 o seu festival de verán: unha actividade que terá lugar a partir das 19 horas no Auditorio Municipal e que contará, ademais de con noso grupo local, con outros dous elencos para animar a actuación: o Obradoiro Cultural Tradicional Chorima de Rois e a Asociación Cultural Amanexo de Oleiros (A Coruña).
Para falar desta actividade compareceron no Consistorio a concelleira de Cultura, Fabiola García, e o director artístico do grupo, Fran Sieira.
A gala será totalmente gratuíta. Fran Sieira fixo fincapé no ánimo desta iniciativa por difundir o baile e a música tradicionais entre a veciñanza da comarca e agradeceu o patrocinio do Concello, en tanto que Fabiola García destacou a aposta que ano tras ano que vén facendo ano tras ano por que se visualicen as nosas raíces.