A Concellería de Economía e Facenda lembra que o vindeiro luns, 5 de setembro, é o último día para efectuar o pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que afecta a inmobles de natureza urbana, rústica e de características especiais.
O período voluntario de pagamento deste tributo abriuse o paso 5 de xullo e pecharase o próximo luns 5 de setembro. O pago poderá efectuarse:
– Nas contas de recadación das entidades colaboradoras que se indican a continuación, presentando o correspondente recibo, e dentro do horario habitual de atención ao público: Abanca, Banco Pastor, BBVA, CaixaBank, Banco Sabadell Gallego e Banco Santander.
– Tamén poderá realizarse a través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servicio, e a través de INTERNET, na propia web municipal.
Transcorrido o prazo de pago voluntario, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento e devengarán o recargo de apremio, os xuros de mora e as custas que se produzan.